O Camiño de Fisterra a Muxía, unha aventura para usuarios de Medelo

Catro profesionais do centro silledense coordinan a segunda camiñada deste tipo que se levará a cabo


Despois de facer o Camiño Sanabrés a Compostela usuarios do centro que Cogami ten en Medelo (Silleda) a piques de están de vivir o que será a súa segunda experiencia en forma de camiñada, neste caso dende Fisterra a Muxía. Toda unha aventura. Unha experiencia moi enriquecedora para todos, explica Iván García un dos catro profesionais do centro encargados de planificar ata o máis mínimo detalle as catro etapas que levarán a cabo a partires do vindeiro luns. «Prantexamos facer o camiño dende Santiago ata Fisterra pero eran moitos quilómetros e días polo que decidimos acortalos con estas catro etapas de dezaséis quilómetros cada día que é unha distancia que consideramos que dan feito os usuarios». Antes de partir o domingo da estación de autobuses de A Estrada cara ao albergue público de Olveiroa en Dumbría -de onde comezará a primeira etapa do luns-, os once usuarios que tomarán parte nesta experiencia estiveron a prepararse axeitadamente realizando todos os días percorridos de varios quilómetros. «Levamos meses camiñando con eles para que se vaian adaptando ás distancia que imos facer dende o luns. Ao ser persoas con algunha limitación, un deles en cadeira de rodas, non se pode deixar nada no aire e todo ten que ir moi planificado. O único que nos mete agora algo de respeto é o tempo, se chove será máis complicado ao ir por camiños de terra». Polo demais todo perfectamente hilvanado para camiñar ata Fisterra, a onde chegará o grupo o xoves e pasará a noite no albergue para ao día seguinte visitar as vilas da zona. Unha aventura da que se fará unha recollida de impresións dos camiñantes e da que se tirarán instántaneas que irán a parar a un álbum «para lembrar o camiño».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Camiño de Fisterra a Muxía, unha aventura para usuarios de Medelo