Irmandinhos, Feiraco e Gómez Segade, premios San Martiño polo uso do galego

A entrega dos recoñecementos do colectivo estradense O Brado será o martes 24 nun acto aberto no Principal

O padroado reuniuse o xoves pola noite para fallar os premios.
O padroado reuniuse o xoves pola noite para fallar os premios.

O padroado dos premios San Martiño á normalización lingüística -convocados pola asociación cultural O Brado- decidiu outorgar este ano o recoñecemento ó compromiso co uso do galego ó clube estradense de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa Feiraco e o doutor en Dereito da USC José Antonio Gómez Segade.

Os premios serán entregados nun acto público que se celebrará o martes día 24 ás 20.30 horas no teatro Principal da Estrada.

O clube Irmandinhos de fútbol gaélico acadou o premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. A historia dos Irmandinhos remóntase ó 18 de setembro de 21012, data na que se creou en Facebook a conta Irmandinhos Estrada co obxectivo de dar a coñecer o fútbol gaélico na vila da Estrada. Tres anos despois atopámonos cun proxecto consolidado, con dous equipos masculinos e dous femininos que xuntos suman uns 65 xogadores, adestrando 3 ou 4 días por semana e participando en campionatos oficiais non só galegos, senón tamén no resto da península ibérica e en Europa. Organizando partidos benéficos, cada decembro, a prol de Cáritas para a recollida de alimentos, partidos a prol da AECC (Asociación Española contra o Cancro) e torneos ibéricos e europeos de grande repercusión para A Estrada. No eido deportivo, estes tres anos deron para acadar a victoria na Liga Galega, Copa Galega, Copa Deputación, o subcampionato ibérico e europeo en categoría feminina, o subcampionato no Ibérico e para ser terceiros clasificados no Torneo Europeo na categoría masculina. Segundo destacou o xurado dos premios, todos estes éxitos ibéricos e internacionais foron ante equipos con máis de 20 anos de historia, o que indica o nivel do equipo estradense, que ademáis é un dos clubes que máis xogadores e xogadoras aporta á Selección Galega, subcampiona do Mundo no torneo mundial de Abu Dhabi.

A cooperativa Feiraco acadou o premio á normalización no ámbito galego, destacándose o seu compromiso co desenvolvemento do medio rural e a súa aposta pola innovación e a calidade.

Pola súa banda, o licenciado e doutor en Dereito da USC José Antonio Gómez Segade acadou o premio San Martiño por contribuír á normalización do idioma galego durante toda unha vida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Irmandinhos, Feiraco e Gómez Segade, premios San Martiño polo uso do galego