1A Estrada reconciliouse onte co Correlingua cunha festa multitudinaria na que participaron máis de 1.300 escolares. Concretamente foron 1.388 os que percorreron as rúas da vila decididos a dar «un paso adinate» co galego, como rezaba o lema da cita. Fallaron a última hora os alumnos do IES Marco do Camballón de Cruces, pero asistiron puntualmente o resto: os dos tres institutos estradenses e os do Pintor Colmeiro de Silleda e o Chano Piñeiro de Forcarei. Tampouco fallaron os dos CEIP estradenses Pérez Viondi, Figueiroa, O Foxo e Cabada Vázquez, que derrocharon imaxinación nas súas postas en escena.
Palabras no peito
Moitos dos participantes no Corelingua elixiron unha palabra en galego para lucila no peito ou na fronte. O alumnado do Pérez Viondi estrenou gorras de cartulina con palabras escollidas polos rapaces. O de Figueiroa desfilou baixo o lema Sementa galego. Cada grupo está a traballar na clase sobre unha planta. Os nomes deses vexetais -millo, macela, menta ou acibro- figuraban onte no peito dos rapaces. De todos salvo dos de cuarto, que preferiron os nomes de animais. Tamén o colexio de Codeseda tirou polo mundo vexetal. En relación coa horta escolar que cultivan no centro, os estudiantes promocionaron palabras dos cultivos ós que lle fan seguemento. O CEIP de O Foxo reparteu ramas de buxo do xardín do colexio como símbolo da fortaleza que agardan para o galego. Nos dorsais, o alumnado lucía palabras en relación co seu proxecto escolar A Estrada, un mundo por descubrir. Neles figuraban os nomes das parroquias do concello e algúns dos principais atractivos que se poden visitar nelas. Promoción turística gratuita vencellada á defensa do galego.
Solta final de globos
A presentadora Isabel Risco fallou como conductora da cita, que rematou coa lectura do manifesto do Correlingua, cun animado concerto de Quempallou e cunha solta simbólica de globos. Ó final, satisfacción entre todas as partes. Se todo vai ben, o Correlingua voltará á Estrada o vindeiro ano.
2
Curso de coidadores en Silleda
Onte foi a entrega de diplomas aos 24 participantes no curso para coidadores de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias impartido en Silleda. Na entrega estiveron a concelleira de Benestar Social, Dolores Gardcía, e o director de Afapo, José Manuel Fontenla.
3
Ensaio en Bermés
O domingo levouse a cabo o segundo ensaio dos músicos da banda La Unión e tamén con novos intérpretes, para a actuación do sábado 17 dentro da homenaxe a La Unión de Bermés. Xuntáronse vinte músicos e outros dous faltaron, pero podería estar no concerto.
4
Cociña en Merza
En Merza houbo onte unha sesión de cociña no programa itinerante posto en marcha dende o Concello polo rural cruceño.