O reto de gañar co Escort WRC


O abandono de Bamarti no Rali do Cocido pola rotura dun palier do Ford Escort WRC co que compite non fixo máis que incrementar as ganas do piloto de lograr unha vitoria co coche. «Aínda que viña de someterse a unha revisión completa, repasaremos outra vez o coche e cambiaremoslle os palieres; o do Cocido foi un disgusto moi garnde, pero iso fai que aínda teña máis ganas de gañar con este coche» sinalou o piloto.

Ata o de agora nin Toño Villar nin Bamarti conseguiron sacarlle rendemento ao vehículo mundialista, pero iso fai que para o de A Estrada gañar con el sexa un novo reto. «Quero gañar un rali con este coche, igual que pasara co 306; imos poñer todo da nosa parte, e esperemos que funcione».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O reto de gañar co Escort WRC