Orazo celebrará de venres a domingo a súa Mostra de Teatro Afeccionado con sete propostas

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Orazo (A Estrada) celebrará do venres 25 ao domingo 27 a súa Mostra de Teatro Afeccionado. Abrirá o pano Clámide Taller de Teatro (Vilagarcía) coa obra A clave 39, o venres ás 21.00 horas. O sábado ás 18.00 actuarán Teatro Anónimo (Meis), a Asociación de Teatro de Coles (Coles) e a Asociación Frouma (Barro), que poñerán en escena as pezas Medea, Unha voda insospeitada e Bar.

O domingo ás 18.00 horas a mostra despedirase con dúas pezas do grupo local Teatro Coto Manguelo —que ofrecerán Ai, que demo de farruco e Bravas mulleres— e As ladroas somos xente honrada, de Enredos Teatro (Bandeira).