21 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
A Deputación de Pontevedra levará mañá sábado a Forcarei un concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre como parte da programación da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes. O espectáculo está financiado a través da nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes. A actuación terá lugar na Praza dos Gaiteiros de Soutelo a partir das 21.00 horas. Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre presentarán As catedrais silenciadas, un traballo no que o elemento diferencial son as mulleres vocalistas e percusionistas.