14 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Couso (A Estrada) celebra hoxe o día grande do festival As Nosas Músicas. O momento culminante será pola noite (campo da festa, a partir das 21.30 horas) cos concertos de Bouba, Carapaus, Coanhadeira, Caldos e Os Rabizos. Despois, a noite seguirá con foliada libre. Da animación a pé de pista encárgase Art-Monium. No transcurso do festival faráselle entrega do Premio ANM 2026 ao luthier estradense Joaquín Espiño, de Riobó.
Polo día haberá mostra de artesanía, mesa redonda, xogos e taller de baile.