A Deputación de Pontevedra aprobou onte en xunta de goberno os proxectos para a instalación de placas solares en 37 concellos da provincia cun orzamento total de preto de 4 millóns de euros. Entre eles atópanse os destinados a catro concellos da zona. Neste caso son os de Vila de Cruces, Silleda, Dozón e Cerdedo-Cotobade.
As aportacións forman parte do programa +Renovables. Dos 4 millóns de euros de inversión global, 2,7 millóns proveñen do Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) e o resto repártese entre Deputación e Concello. O presidente do goberno provincial remarcou que «o traballo conxunto dos concellos e a Deputación situounos como a administración local que máis recursos recibiu para impulsar actuacións en materia de eficiencia enerxética».
Luis López subliñou que «seguimos avanzando na construción dunha provincia máis eficiente, impulsando proxectos como estes, que reducen as emisións de CO2 e permiten un aforro estimado anual de preto de 650.000 euros para os concellos». As iniciativas se reparten en cinco proxectos.