O presidente da Deputación, Luis López, festexou onte a elección do escritor cruceño Xosé Neira Vilas pola Real Academia Galega como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2027. Lembrou unha recente intervención súa nun pódcast onde «confesei que Memorias dun neno labrego é un dos meus libros predilectos, porque fala dos que nacemos en familias ligadas ao agro, ao rural cun apego forte polo territorio».
Avanzou que desde a institución provincial «imos a homenaxear a Neira Vilas como merece, organizando unha morea de actividades en torno á súa figura e á súa obra, como facemos sempre co gallo das Letras, pero dunha forma máis intensa por ser unha das figuras máis recoñecidas e imprescindibles para entender a nosa literatura e a nosa esencia». Mostrou a súa felicidade pola escolla e polo que representa Neira Vilas, ao que lle unen a orixe