A Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño acordou por unanimidade solicitar ao pleno da Real Academia Galega que dedique o Día das Letras Galegas de 2027 ao escritor Xosé Neira Vilas cando se cumpren 11 anos do seu pasamento. A fundación pon en valor «o testamento literario co que Neira Vilas agasallou non só á lingua e cultura galegas, senón tamén a literatura universal, dada a dimensión acadada por Memorias dun neno labrego».
Do escritor de Vila de Cruces destacan a súa participación en iniciativas como a edición en Arxentina do xornal Adiante, o seu traballo editorial en Follas Novas ou a creación da sección galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Cuba, e o seu traballo pioneiro na literatura infantil en galego. Uns méritos aos que engaden o intenso labor cultural e xornalístico desenrrolado tras o seu regreso a Galicia en 1994.