09 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O grupo de Danza +40 da Escola Municipal de Artes Escénicas (Emae) pechou este domingo a mostra de teatro A muller que debuxou a Castelao, en homenaxe a Virxinia Pereira, muller do intelectual galeguista á que A Estrada lle dedica este Ano Cultural 2026. O grupo puxo en escena a peza Cousillas, unha relectura da obra Cousas de Castelao en clave danza-teatro. A obra estivo dirixida por Paula Quintas, Antía Vidal e Arturo Cobaso. As protagonistas amosaron sobre o escenario paixón e talento.