López Campos visitou en Vila de Cruces a rodaxe da película «Gloria e Olvido» dirixida por Paula Cons
DEZA
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, desprazouse onte a aldea de Señorín, no Concello de Vila de Cruces, para visitar a rodaxe da película Gloria e Olvido, dirixida por Paula Cons e producida por a galega Agallas Films. O proxecto conta cunha axuda da Xunta de 320.000 euros a que se sumou outra previa para a posta en marcha do proxecto.
Escrita por Victoria Teijeiro e Paula Cons a partir dunha idea orixinal de Teijeiro, Gloria e Olvido é un thriller dramático inspirado en feitos reais. O título responde ao nome de dúas xemelgas que rexentan unha tenda de ultramarinos ás aforas dunha cidade galega. Alí aparece José Antonio, torturador da nai delas ao final do franquismo. Coa súa aparición ás dúas irmáns ven a oportunidade de trazar un plan improvisado co que buscar xustiza. O trío de protagonistas está interpretado por Nuria Mencía, Antonio Resines e Victoria Teijeiro. O reparto complétase con nomes como os de Lucía Veiga e Alejandra Flechner. López Campos, que acudiu acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, pudo coñecer a recreación da tenda de ultramarinos onde discorren as secuencias principais da longametraxe e que foi recreada expresamente para o filme.
Gloria e Olvido estase a rodar en Galicia desde o 11 de maio. Os traballos seguirán ata o 13 deste mes para logo continuar a filmación na cidade portuguesa de Porto. López Campos aproveitou a ocasión para intercambiar impresións cos responsables artísticos e técnicos da película así como cos titulares de Agallas Films, a empresa produtora, xunto a Villamiseria AIE, Tándem Films e a portuguesa TAKE 2000.
O titular de Cultura tam-en pudo coñecer o estado de realización do proyecto que suma xa dúas axudas da Xunta. Unha no 2022 para a posta en marcha do proxecto e outra o pasado ano 2025, de 320.000 euros para o desenrolo da película.