«Severina é unha rapaza afeccionada ás ciencias que vive no Santiago de 1898»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

PACO RODRÍGUEZ

Inés Vázquez presenta hoxe, ás 20.30 horas, este libro de banda deseñada en Nigraponte Espazo Cultural de Lalín

30 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Inés Vázquez (Carral, A Coruña, 1993) presenta hoxe, ás 20.30 horas, en Nigraponte, en Lalín, Severina, a raíña dos trasnos e firmará exemplares. Un libro de banda deseñada que conta a historia de «Severina, unha rapaza que vive no Santiago de 1898 e que é unha afeccionada ás ciencias». De pronto, explica a súa autora, «nota que lle empezan a desaparecer animaliños dos que ten en formol. O principio pensa que pode ser obra da súa irmá pequena pero a criada da casa lle di que seguramente sexan trasnos. Ela como ten un pensamento moi científico e é moi fan de Charles Darwin, non se cree esas suposicións de vella, pero a medida que avanza a historia vai chocar coa realidade de que o sobrenatural igual ten máis percorrido do que ela puidera imaxinar».

Explica que «empecei o proceso de debuxarla a finais do 2023, pero a historia chegou xa a min un pouco de casualidade, a través dun soño moi raro a principios do 2022, así que levo un tempo dándolle voltas». Inés Vázquez estudou un ano de comunicación audiovisual en A Coruña e o deixou para acabar tirando polo cómic. Fixo o BAC de Artes e «o botaba de menos e descubrín a banda deseñada como un medio para contar historias». Co obxectivo de seguir formándose estudou na escola O Garaxe Hermético en Pontevedra e «traballei tamén algo no mundo da animación», explica.

A diferenza de outros países como Francia «onde as tiradas de cómics son enormes», en España e en Galicia «son moi pequenas porque o volume de lectores non é moi grande». Agora está traballando noutra banda deseñada «e cun pequeno encargo de ilustración». En canto a IA, Inés Vázquez, comenta que «deixei as redes sociais, o perfil de Instagram... precisamente por iso». A razón é «non darlle de comer á IA porque xa non só son debuxos, son fotos que subas ou compartas que se van a usar. Por un lado queixamonos de que nos está quitando o traballo e somos nós os que a alimentamos». Recoñece que xa se ve moita IA en portadas de libros que antes se encargaban a ilustradores e agora xa non existen. Inés pinta e debuxa desde que era cativa e era moi fan das curtas de animación clásicas. «Meus pais me puñan diante dun folio en branco cunhas ceras de cores para entreterme, é funcionaba», afirma.