Buscan artesáns que acudan aos Encontros de Carboeiro

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

13 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Santa Ferreña busca artesáns que se acheguen o 6 de xuño ao entorno do Mmosteiro de Carboeiro onde se celebran os Encontros de Música Tradicional. Os interesados teñen que enviar unha solicitude e cubrir un formulario na ligazón bit.ly/artesaniaencontros26 antes do 15 de maio.

O programa da xornada contará con numerosas actividades relacionadas co patrimonio inmaterial galego. Entre os requisitos se pide aos artesáns ser da comarca, ter participado noutras edicións, ofertar produtos relacionados coa cultura popular tradicional, una comunicación en galego e non se admiten postos de comida ou bebida.