O Recreo Cultural da Estrada inaugurou espazo expositivo e exhibe os seus cadros de Castelao

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Miguel Souto

15 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Recreo Cultural da Estrada dedicou a xornada a Castelao, onde destacou a inauguración do seu novo espazo expositivo. Na bautizada como Sala Castelao poden verse estes días as dúas obras do autor propiedade da entidade, Cego de romería (1913) e Moza con cabuxa (1914). Os cadros de gran formato estiveron no Reina Sofía en Madrid nunha colectiva bautizada Esperpento e está prevista a súa cesión durante seis meses para exhibilas na Cidade da Cultura en Santiago.

A xornada comezou cunha excursión a Pontevedra para visitar o Museo Provincial, cun percorrido guiado por espazos vinculados a Castelao. Despois houbo un obradoiro infantil, a inauguración da sala expositiva da segunda planta do Casino e un xantar e tardeo.

No acto con protagonismo para os dous cadros de Castelao, mostrados sobre cabaletes no centro da sala e que comparten alusións as terras da Estrada, participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen disertou sobre a figura e obra do rianxeiro. Queda por saber o futuro desas relevantes obras pictóricas e a súa conservación.