Convocan o primeiro Premio Xosé Neira Vilas de literatura infantil, dotado con 6.000 euros

Javier Benito
J. benito LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

06 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Xosé Neira Vilas e a editorial Galaxia, con apoio de la Xunta, acaban de convocar a primeira edición dun novo certame literario. Trátase do Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, co obxectivo de renderlle homenaxe ao escritor cruceño, precursor deste xénero en galego, O gañador recibirá un premio en metálico de 6.000 euros e a publicación da obra.

A presentación deste certame literario foi presentada onte en Santiago nun acto no que participou o secretario de Lingua, Valentín García, xunto ao presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, e o director de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, entre outros representantes da editorial. A recepción das obras xa quedou aberta e finalizará o día 3 de novembro. Valentín García defendeu a posta en marcha deste certame de literatura infantil e xuvenil e destacou a vixencia de Memorias dun neno labrego, editado por primeira vez en 1961 e que segue presente nas escolas e centros de ensino. Fixo fincapé nas 35 edicións do libro, con máis de 700.000 exemplares, con traducións a varios idiomas.

Os autores interesados en participar a este certame literario deben presentar en lingua galega os seus textos orixinais, adscritos ao xénero de novela e dirixidos ao lectorado xuvenil. Deberán enviarse á sede da editorial Galaxia e a obra gañadora será publicada na súa colección Costa Oeste. As bases poden consultarse no Portal da Lingua Galega.