O Antón Losada gañou o premio de pódcast das Letras

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Antón Losada acadou o primeiro premio do quinto Concurso de Pódcast - Radio na Biblio, destinado a centros públicos non universitarios. Un certame organizado pola Consellería de Educación en colaboración coa Radio Galega e no marco do Plan Lía de bibliotecas escolares.

O galardón, dotado con 1.000 euros, concedéuselle ao traballo presentado baixo o título Lembranzas dun galeguista, centrado na figura de Francisco Fernández Del Riego, motivo do concurso. O pódcast foi gravado e realizado por un grupo de alumnos de terceiro da ESO coordinado polo docente Esteban Folgar. Os estudantes son: Dolores Porto Arca, Iria Pérez Negra, Candela Rivas Negra, Adrián Fraga Rodríguez, Arón Durán Iglesias e Pablo Cabaleiro Fernández. Esta ficción sonora, que recrea a vida de Del Riego e repasa algúns feitos como a súa asunción do galeguismo ou a fundación da Editorial Galaxia, emitirase no programa Diario Cultural da Radio Galega.

Dende o centro estradense destacan que non foi o único traballo presentado a este certame, pois outro grupo de alumnos deste mesmo curso presentou un novo proxecto titulado A Arca.