O forcaricense José Murado gaña o Rali de Portugal con Álex Villanueva

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O copiloto forcaricense José Murado proclamouse esta fin de semana xunto ao seu compañeiro Álex Villanueva campión do Rali de Portugal na Master Cup. Unha exitosa participación na segunda cita do campionato do mundo.

Aos mandos dun Skoda Fabia RS Rally2, firmaron unha magnífica vitoria nun rali moi duro. «Ha sido muy difícil, como todos los años, gestionar un rali así, donde esta tan fácil pinchar o cometer un error que te deje fuera de la carrera», aseguraba Murado. «Por suerte ha sido un rali impecable, donde hemos corrido cuando tocaba. Gracias a este primero y al podio de Suecia, estamos líderes del campeonato», concluíu. A seguinte cita para o de Forcarei será o nun par de semanas no Rali de Cerdeña, en Italia.

Segundo podio

Murado e Villanueva xa acadaron un gran resultado no Rali de Suecia en febreiro. Na neve do país escandinavo finalizaron en terceira posición. Foi, ademais, a proba do seu debut no campionato do mundo. Un gran inicio de competición para a dupla.