
17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
Os alumnos do IES Número 1 da Estrada Pedro Souto, Brais Tato e Noemí Darriba gañaron o premio especial do xurado do concurso Dígocho Eu polo seu traballo O tempo xa vén feito!. Nel ensinaban un correcto uso do galego empregando termos relativos á climatoloxía. Recolleron o galardón nun acto celebrado na Cidade da Cultura.