A comisión de Medio Rural do PP trata a nova Pac en Bruselas

amelia ferreiroa LALÍN /LA VOZLALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

Avelino Souto, coordinador do grupo, reuniuse con Zoido

02 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Integrantes da comisión de Medio Rural do Partido Popular de Galicia, entre eles o seu coordinador o concelleiro de agricultura do Concello de Lalín Avelino Souto, desprazáronse a Bruselas; ao Parlamento Europeo para abordar cuestións como a nova PAC (Política Agraria Común), a protección do lobo ou a prohibición de queimas agrícolas.

A proposta que levou a comision de medio rural centrouse nos novos decretos de nutrición sostible de solos, ordenación de granxas bovinas e a nova Pac que, según Souto, «non se adapta a Galicia nin a realidade do sector, cunha enorme carga de burocracia que conlevará un aumento de custes nas explotacións, mentres que o decreto de puríns que se aprobou é unha medida para lavarse a cara ante Europa pero que técnicamente non se sostén, ao ser de difícil aplicación no territorio». Na xuntanza mantida con Ignacio Zoido, exministro e actual comisario de agricultura do PP, Avelino Souto insistiu sobre a necesidade de que se flexibilice no tempo a entrada en vigor da nova normativa da PAC para «poder adaptarse á mesma ao saber que algunhas cuestións son de aplicación inminente e outras quedan para xaneiro do ano 2024 de aí a conveniencia de pedior unha moratoria e o Goberno de España pode facelo», remachou.

Souto que avanzou a posibilidade de organizar algún novo encontro co sector para falar da PAC explicou que a nova normativa establece obrigas que non se darán cumprido.

«Piden analizar as parcelas para dictaminar a súa contaminación e iso pode ser viable en grandes extensións pero aquí non, con decenas de pequenas parcelas é totalmente inviable para os agricultores. Os cadernos fitosanitarios terán que firmalos técnicos que haberá que contratar e suporá máis custes para as explotacións, ao igual que o incremento de burocracia que se lle esixirá aos agricultores... Non se adapta a norma á realidade que temos aquí», sentenciou ou edil.

Por outra parte están contempladas unha serie de medidas medioambientais que países como Francia ou Grecia non están aplicando polo momento, ou que o irán facendo de xeito paulatino, e que a Galicia se afectarán de cheo según Souto polo que apela á necesidade dunha moratoria respecto da aplicación da nova normativa comunitaria.

Outro dos temas tratados en Bruselas foi a prohición de queimas, que Galicia está levando a cabo de xeito excepcional, pero que podería deixar de xestionarse nun futuro; «e todo por descoñecemento como no caso da parotección do lobo porque non se pode poñer un criterio único para todos», dixo Souto.

O abandono que presenta a Rede Natura na súa xestión, que propicia incendios e a falta de fibra óptica en contornas rurais así como a necesidade de flexibilizar a vida administrativa no campo foron outras cuestións abordadas nos encontros que a comisión mantivo ao longo de dúas xornadas de traballo no seu do Parlamento Europeo.

El BNG de Cruces apuesta por un presupuesto y un proyecto inclusivo que tenga en cuenta a todos los vecinos. Echaron en falta en la propuesta del gobierno, medidas fundamentales que «cubran a demanda da xuventude e os maiores xunto con medidas de asentamento poboacional». Cifran las inversiones previstas en menos de 500.000 euros de la Diputación para caminos que «deberían estar xa en proceso de execución» porque son del plan 2022. Tilda el presupuesto de «panfleto electoralista sen proxecto de futuro» criticando que incluya 18.200 euros para una dedicación que ya no existe.