Zorros atropellados en Bendoiro

Daniel González Alén LALÍN / LA VOZ

DEZA

Daniel González Alén

15 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Que morra un raposo arroiado por un vehículo non é noticia nos tempos que corren, pero se son dous a un tempo, xa pode ser cando menos algo curioso. Iso foi o que aconteceu na EP-6005 que vai de Prado a Bodaño polo Corpiño, no viaduto sobre a autoestrada AP-53 en termos de Vilar do Río - Bendoiro. Unha parella de adultos e ben mantidos polo que se ve, perderon a vida poida que de noite cando quizais, ían cara a algún galiñeiro da zona. Unha mostra mais dos numerosos sucesos que a diario teñen coma protagonista a fauna salvaxe nas nosas estradas, que comparten os vehículos e os animais, levando case sempre estes últimos as de perder. Magoa, pero a vida é así de tráxica. foto daniel gonzález alén