Música clásica en Carboeiro da man de medio centenar de profesionais

c. m. / r. g. LALÍN / LA VOZ

DEZA

03 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A igrexa do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, acolle este sábado día 6 o concerto Tamara Brooks, un concerto de música clásica que reunirá case cincuenta alumnos e profesores da trixésimo terceira edición do curso de verán de dirección, canto, coro e orquestra.

Este curso leva o nome da prestixiosa directora de orquestra Tamara Brooks, falecida en 2022 e conta coa presenza de destacados profesionais, entre eles Julio Domínguez, organizador do curso, Eduardo G.Novelli, Alexandra Tarniceru, Carmen Subrifo, Gloria Novoa, Arabel Moráguez, Vitor Lima ou a pianista Rosa Biveineine, entre outros.

O concerto terá lugar ás 19.00 horas, coa entrada de balde e, nas palabras da concelleira de Cultura Mónica González «unha vez máis o mosteiro de Carboeiro e a súa beleza volverán fundirse coa música clásica».