«En los temas de feminismo ellas van en Ferrari y ellos en Seiscientos»

C. M. / J. B. LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

Miguel Ángel Arconada participou onte na segunda xornada do curso da USC

14 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte tivo lugar no Salón Teatro de Lalín a segunda xornada do curso Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0., que se estenderá ata o venres onde se poderá disfrutar de distintas charlas educativas en relación co feminismo. Miguel Ángel Arconada, catedrático de Literatura no instituto Jorge Manrique e experto en promoción coeducativa de masculinidades comprometidas coa igualdade, disertou sobre Resistencias masculinas e masculinidades alternativas onde comeza avisando da importancia da educación aos homes en temas de feminismo.

Explicou a situación actual nas aulas: «en temas de feminismo ellas van en Ferrari y ellos en un 600 con las ruedas pinchadas». Advirte dunha regresión e un rexeitamento xeral —anteriormente sutil pero que agora resulta unha posición extremadamente vocal e desencantada— pola ideoloxía feminista.

Arconada fala das resistencias masculinas —que beben da concepción de masculinidade hexemónica— as que se resumen no medo a renunciar aos privilexios que a súa condición lles ofrece, como pode ser a súa liberdade de actuación e falta de responsabilidade ou expresión emocional mentres asumen un coidado e servizo dos demais, unha defensa da identidade masculina e a dificultade de construíla en relación á igualdade e o medo á feminización. O catedrático que afirmou que a pregunta nas aulas debe ser: «¿quién soy si no soy el mejor? ¿cómo construyo mi identidad sin ser mejor que los demás? ¿quiénes somos si ya no nos necesitan?».

Tamén puxo de manifesto a existencia de novas masculinidades como poden ser a igualitaria asintomática, na que manteñen un discurso politicamente correcto en espazos mixtos pero volven ao antigo discurso unha vez que se atopa cos seus amigos. Os autocomplacintes, que cambian o seu comportamento un mínimo e esperan un gran recoñecemento a cambio, ou os mantidos, que asumiron unha posición pasiva nos aspectos clásicos da masculinidade —proporcionar diñeiro, estabilidade e tamén traballo— pero son mantidos explicitamente pola súa parella e viven bastante cómodos desa maneira.

Estas cuestións son as que o profesor quere responder creando espazos nas aulas onde sexa posible romper coa gaiola da masculinidade tóxica dende a relación cos demais e non dende un punto egoísta de autosuperación o cal debe ser impulsado por parte da educación, habilitando espazos seguros para que os rapaces poidan reflexionar de maneira efectiva e este repunte da ideoloxía machista non siga avanzando.

Crear espazos seguros para erradicar o machismo na rede

Lionel S. Delgado Ontivero, sociólogo, investigador e activista sobre a masculinidade na Universidade de Barcelona, tamén participou onte no curso en Lalín. Falou do Patriarcado e Machosfera, organización do machismo en redes. Na súa intervención embárcanos dentro do mundo da coñecida como Machosfera, un conxunto non coherente de espazos e discursos cunha función de ideario neomachista, de expresión victimista e apoio mutuo, cuxo orixe data do 2009 pero non se volve mainstream ata 2013 e ponse de manifesto especialmente en 2014 co Gamergate, ou en 2015 co asasinato múltiple por parte de Elliott Rodger, así como a popularización do hashtag StopFeminazis en España.

Especialmente popularizada en foros como Forocoches ou Reddit podemos chamar á Manosfera unha enredadeira transversal, contido antifeminista e se viraliza a través de foros, memes e figuras representativas do movemento, como Nahim Darrechi ou Rubén Gallardo. Este sistema aplica unha filosofía baseada a idea da hipergamia, a cal crea un mercado sexual no que o atractivo define o status e introduce así ideoloxía Bluepill e Redpill —referencia a Matrix— que alude a que se tomas a píldora vermella sairás da mentira que é a actual narrativa feminista que, según esta ideoloxía, foi a causa do desequilibrio deste mercado xa que «as mulleres tan só buscan aos homes de maior valor, ou extremadamente atractivos».

Partindo de esta idea temos catro tipos distintos de grupos: Os MRA's —Men's Right's Activists— que naceron dos aliados feministas dos 70 e reivindican a súa desigualdade neste sistema. A continuación están os coach de sedución, os cales elaboran contido utilizando estratexias de coaching e manipulación para ensinarlles aos homes a chegar ao alto da pirámide nesta suposta sociedade. Seguen os MGTOW, homes que seguen o seu camiño, é dicir, deciden non participar nela, e por último, os Incels ou involuntariamente célibes, os cales teñen unha visión extremadamente pesimista sobre o sistema e son o grupo máis perigoso, extremadamente misóxino e cunha historia de terrorismo contra mulleres e homes que eles consideran «superiores».

A pesar da estrañeza da situación, Lionel S. Delgado avisa da imperante necesidade de coñecer e atallar a ameaza desta radicalización canto antes, contraatacando dende o lado feminista e concluíndo a necesidade de crear espazos seguros cuxo tamaño e confianza se poidan equiparar a esta lacra ideolóxica actual nas redes.