64 equipos participarán no terceiro torneo de verán da UD Estrada FS

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

R. G.

17 may 2022 . Actualizado a las 10:22 h.

Os días 18 e 19 de xuño celebrarase no pavillón Coto Ferreiro da Estrada o terceiro torneo de fútbol sala de verán que organiza a UD Estrada FS. Unha cita que presentaron no consistorio estradense o edil de Deportes, Ismael Pena, e José Manuel Calviño, presidente da UD Estrada, así coma outros representantes do club.

Despois do parón pola pandemia, o torneo volverá por todo o alto con 64 equipos e 154 partidos de 20 minutos que encherán de fútbol sala o Coto Ferreiro dende as 09.00 ás 22.30 horas o sábado e das 09.00 ás 20.30 horas o domingo. O primeiro día será o turno dos biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. O segundo será a quendados xuvenís e sénior masculino e feminino. A entrada será de balde e os asistentes que poderán mercar unha rifa por 2 euros coa que recibirán un agasallo cortesía dos establecementos colaboradores.

Os 64 equipos participantes pertencen a 23 clubes de toda Galicia: Alto do Vento, Baiona, Balona Lalinense, Café Bar El 10, Chapela, Cerdedo-Cotobade FS, Cesures, Cios Vigo, Codima, Compañía de María, Fátima, IES Coruxo, Marín, Poio, Praíña, Rodeiro, Stellae, Terra de Montes, Terras de Iria, Valladares, Vistalegre, 7a9 e a UD Estrada.