Xornadas «O mar en terra» hoxe e mañá en Terreboredo (Souto)

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

13 may 2022 . Actualizado a las 21:40 h.

A sede de Maruxío en Terreboredo (Souto) acolle hoxe e mañá as xornadas O mar en terra. Hoxe ás 12.00 horas Xosé Lois Villar ofrece unha charla sobre a toponimia do mar. Ás 13.00 haberá un obradoiro de cianatopía titulado Peixes do mar e ás 13.30 presentarase a revista Nova Ardentía. Ás 16.30 Ana Lee (Retoque Retro) ofrece a charla Crebas modernas, plásticos fósiles e ás 18.00 a editora Judith Santos presenta Os nosos mares.