Apertura no Pazo de Liñares da exposición sobre a selección galega

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Miguel souto

14 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A plataforma Vía Galega inaugurou este venres a exposición sobre o deporte galego: Galiza, un pobo, unha selección. Unha mostra na que participaron Pablo Carracedo, coordinador comarcal da plataforma e Severino González do club de loita, A Cambadela. A exposición consta de diferentes paneis e estará en funcionamento ata o mércores 1 de xuño de martes a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.