Luís Zahera: «Quero facer papeis de morrear, hai carencia de galáns maduros»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

O actor galego saca punta con humor a súa vida no monólogo «Chungo», que porá en escena mañá domingo na Bandeira

30 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O actor Luis Zahera estará mañá, ás 20.00 horas, no Auditorio Xosé Casal da Bandeira co seu monólogo Chungo. Las entradas están a la venda en woutick.es, Cafetería Cuppedia e Café Arume.

—Por que o de Chungo?

—É Luis Zahera pondo en ridículo a Luis Zahera é unha cousa de que eu quería ser un galán e acabei facendo de chungo, chunguísimo. É un monólogo de humor branco onde meto a miña nai, a meu pai, miñas irmáns, a escola, o Luar, fago un repaso pola miña carreira e a miña vida.

—En que está traballando, e que tal está funcionando Entrevías?

Entrevías está indo moi ben. Estou moi contento co resultado desta serie. Aínda non sabemos nada de renovación e a resposta da xente esta sendo moi agarimosa. No verán vou para Galicia porque teño a segunda tempada de Marea Negra onde fago un papel pequerrechiño e acabo de rematar unha cousa aquí pero non se pode falar dela. E hai proxectos por aí. Hai moito movemento para os que facemos televisión, no cine hai menos. Estou á espera de saber algo de As Bestas de Sorogoyen que creo que imos ir ao Festival de Donostia co esta película ambientada en Galicia. Non teño queixa.

—Estase volvendo a normalidade despois da pandemia?

—Para os actores de televisión nunca houbo tanto traballo incluso na pandemia. Chamara Roberto Vilar para colaborar en Land Rober e houbo un lote de producións porque as produtoras precisaban contido. Para nos foi una efervescencia. Estamos no medio e medio dunha revolución, como din os meus sobriños, isto non é unha época de cambio, é un cambio de época. As plataformas veñen para quedarse. Estou no que me gusta e que vaia ben... estou feliz como unha perdiz.

—No cine fixo moitos papeis de malo, que goza máis cos de malo o cos de comedia?

—Os que facemos de malos queren facen de boíños e o revés. Somos todos iguais. Acabo de acabar unha cousa en Madrid de malo, malote. Estou moi a gusto pero botas de menos que se amplíe máis a cousa, pero son un secundario característico de chungo e non hai problema ningún. O problema non é que te encasillen, o problema é non traballar. Pero si que cos anos, agardo que vaia a ser máis boíño e outro tipo de papeis, teño moita fe nesto, pero si hai que seguir facendo de malo non hai problema ningún.

—Agradecería algún papel con outro tipo de rexistros?

—Eu quero facer papeis de morrear, pero non hai maneira. A min gústame este choio, disfrutarei os papeis que haxa.

—O de galán, entón, era verdade que era un desexo?

—A min as películas que máis me gustan son as de amor. Gustaríame facer unha. Eu ofrézome, que coa carencia de galáns maduros que hai podería facer unha para renovar o culebrón turco. Eu poño un bigote e xa parezo un galán turco!.