O gato Fazulas anima a tarde de Reis do Casino

La Voz

DEZA

Miguel souto

04 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Recreo Cultural da Estrada acolleu este luns a presentación do libro infantil O ladrón de paraugas, escrito por Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel. Fazulas, o gato persa de Dona Adelaida, desembarcou nas instalación para amosarlle ao público de que que cor é o vento. Fíxoo nun acto con aforo reducido e reserva previa por mor da pandemia no que tamén houbo música en directo a cargo de varios dos integrantes do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e sinatura de exemplares. A tarde rematou cun chocolate con rosca na terraza. foto miguel souto