Francisco Rozados gaña o certame literario Antón Avilés de Taramancos

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

27 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O forcaricense Francisco Rozados, ex concelleiro de Cultura do Concello de Forcarei e colaborador de La Voz, gañou o certame de relatos de aventura Antón Avilés de Taramancos de Noia, on dos premios literarios máis prestixiosos da comarca do Barbanza. O escritor conquistou o galardón coa súa obra Niscoventa, que relata a historia dun fuxido nos primeiros anos do franquismo. Un relato da resistencia antifranquista que serve de homenaxe tamén aos canteiros, protagonistas da historia, á súa lingua é a natureza.

Residente en Sabadell, Rochi, que é como lle coñecen os seus amigos e achegados, aínda non sabe cando terá lugar a cerimonia de entrega do premio, que neste caso está dotado con 3.000 euros e unha estatuíña confeccionada polo artista noiés Alfonso Costa, e inclúe a publicación da obra. O escritor da Terra de Montes, espera poder regresar á súa casa no primeiro semestre do ano próximo.