Reixa e Guadi Galego estarán hoxe na entrega dos premios San Martiño

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

11 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O teatro da Estrada acolle hoxe ás 20.30 horas a entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística. O premio comarcal será para o investigador José Manuel Bértolo Ballesteros e o premio Galicia enteira para o colectivo Rompente, representado por Alberto Avendaño, Manolo Román e Antón Reixa. O premio a toda unha vida, para o programa radiofónico Sempre en Galicia. O broche final poñerao Guadi Galego.