O Principal da Estrada acolle hoxe a obra «Elisa e Marcela», de A Panadaría

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

11 nov 2021 . Actualizado a las 23:03 h.

O teatro Principal da Estrada acolle hoxe venres ás 21.00 horas o espectáculo Elisa e Marcela, de A Panadaría teatro. Esta comedia para adultos acadou os premio ao mellor espectáculo, a mellor dirección, o mellor texto orixinal e a mellor actriz protagonista nos premios María Casares 2018. A entrada é de balde, con retirada anticipada das invitacións no departamento de Cultura do Concello. A peza conta unha historia de amor a contratempo.