A actriz Chelo do Rejo recolle o premio Mácara á defensa da cultura rural

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Miguel Souto

07 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A estradense Chelo do Rejo recolleu esta fin de semana en Palas de Rei o premio Mácara pola súa traxectoria profesional como actriz e polo seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural.

Chelo do Rejo deu os seus primeiros pasos teatrais na Escola de Teatro da Estrada, militou no grupo Tirinautas e foi cofundadora de Pinguela Teatro. Na actualidade forma parte do grupo Matrioshka e exerce tamén como monologuista. O teatro, ao que se achegou xa de grandiña, deulle unha nova vida. Sen embargo, o premio Mácara énchea de orgullo máis como valedora do rural ca como actriz. «Eu non son da aldea. Eu son aldea», adoita dicir. «Iste é un deses premios que te fan medrar por dentro», comenta declarándose aínda «de resaca emocional». «A miña avoa, a señora María do Rejo, fíxose presente o sábado como unha randeeira. Non preparei discurso ningún porque ía coa idea de sentir. E sentín tanto que case quedo sen palabras», confesa.