Adicado ó equipo de profesionais de Aspadeza

Ángeles Baldonedo

DEZA

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Aveces a vida depáranos situacións difíciles, incertas, nas que nos invaden o medo e as dúbidas... pero que tamén nos ensinan o fortes que podemos chegar a ser. Iso foi o que nos pasou ó equipo de profesionais de ASPADEZA no mes de setembro, cando tivemos que reinventarnos e adaptarnos a unha nova forma de traballar.

Foron meses diferentes, con moitos cambios, con momentos complicados... nos que incluso antepuxestes a responsabilidade e o traballo á vosa vida privada e relacións familiares.

Sei que algúns días foron difíciles pero gracias ó voso esforzo fixéronse máis doados. Fixemos un gran equipo. Un equipo motivado que soubo reinventarse, sacar sempre o lado positivo, apoiarse mutuamente e transmitir sempre cariño e alegría. Creo que os bos equipos non están formados polos mellores profesionais, senón que están formados polas mellores persoas, coma vós. Persoas cunha gran calidade humana e motivación.