Galaxia lanza unha nova edición de «Maxina» co texto actualizado

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

17 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A editorial Galaxia vén de publicar unha nova edición da obra Maxina ou a filla espuria, do autor estradense Marcial Valladares, no centenario do seu nacemento.

Maxina ou a filla espuria publicouse en 1880 por entregas na revista madrileña La ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Murguía, e tivo a súa primeira edición en libro en 1970, da man da editorial Galaxia. A nova edición ofrece un texto actualizado e acompañado coa reprodución facsimilar caligráfica do manuscrito orixinal realizado en 1870 e depositado nos arquivos da Real Academia Galega.