A Deputación súmase á Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

23 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra vén de sumarse á Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, na que se integran trece entidades españolas e portuguesas, que onte se constituíu nunha xuntanza telemática na que participou a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias. A rede conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros e pretende establecer unha estratexia para desenvolver infraestruturas e servizos nos camiños a Compostela polo oeste peninsular, como a Vía da Prata e o Camiño da Costa ou Portugués. Ao longo deste ano e do 2022 traballarase nun plan global de sinalización; na mellora de equipamentos, difusión e uso de tecnoloxías para poñer en valor as rutas como recursos turísticos, desenvolvendo unha App.

Sen o Camiño da Geira

Este proxecto plantexouse hai máis de dous anos, impulsado pola Deputación de Badaxoz, e inclúe os camiños en común co sur da península. O Camiño da Geira e dos Arrieiros non entra polo tanto nesta rede, pero dende a Deputación de Pontevedra traballan noutros plans que si inclúen a esta ruta xacobea que atravesa Tabeirós e Terra deMontes.