Miro Villar presenta o luns no Foxo a reedición da súa obra «O nariz de Fiz»

La Voz

DEZA

12 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O colexio do Foxo recibe o vindeiro luns a partir das 15.45 horas ao escritor Miro Villar, que presentará a reedición en Galaxia da súa obra «O nariz de Fiz», co que gañara no seu día o certame de narración xuvenil Pura e Dora Vázquez. A actividade contará coas medidas de seguridade frente ao covid-19, polo que os alumnos participarán dentro dos seus grupos burbulla. Deste xeito, Villar será recibido cunha interpretación musical, e na entrada do centro outros alumnos poderán ver con el unha mostra dos seus libros. Prantará logo un limoeiro no xardín do colexio, e xa na biblioteca os rapaces de 5º e 6º lerán párrafos da obra. Miro Villar ?que xa visitara O Foxo no 2006? inaugurará un recuncho na biblioteca, na zona de autores, cos seus fondos bibliográficos.