Día internacional contra a violencia de xénero

Concello de Lalín

DEZA

24 nov 2020 . Actualizado a las 21:14 h.

A violencia de xénero, violencia exercida sobre as mulleres polo mero feito de selo, é unha das

violacións dos dereitos humanos máis graves e sen embargo, unha das máis toleradas en todo

o mundo. Traspasa fronteiras, culturas, etnias, idades e niveis socioeconómicos.

Estamos nun momento, nesta situación de estado de alarma, no que ás dificultades propias

que provocan situación de maior vulnerabilidade nas mulleres, temos que engadir outras novas,

coma o longo tempo de illamento nos fogares, a maior carga de coidado de menores, per -

soas enfermas e persoas dependentes, o incremento das situacións de precariedade laboral e

económica que historicamente padecen as mulleres, e o peche ou o difícil funcionamento de

moitos servizos.

A pesar do amplo marco normativo e dos recursos existentes para tratar de previr e combater

as violencias patriarcais, a violencia machista segue sendo un fenómeno en plena expansión,

tal e como indican diversos informes autorizados e como podemos ver cada día nos medios de

comunicación. Lonxe de desaparecer, adquire novas formas e alcanza novos grupos de idade. É

especialmente preocupante e significativo o aumento da violencia de xénero entre a poboación

adolescente, así como a naturalización desta e a falla de resposta e de reacción ante a mesma.

A presenza continuada de actos de violencia e asasinatos de mulleres, constitúe un dos indicadores

máis claros de desequilibrio e desigualdade da nosa sociedade.

Cada ano en España, 600.000 mulleres son maltratadas e unha media de 60 mulleres son asasinadas

vítimas da violencia de xénero.

Segundo datos oficiais, en 2020 foron asasinadas en España 41 mulleres (2 delas en Galicia) e 3

menores vítimas da violencia de xénero e quedaron orfas e orfos 23 menores.

A crueza destes datos, a pesar de ser terribles e irreparables, supoñen soamente a punta do

iceberg desta grave problemática, que se sustenta noutras formas de violencia menos visibles,

pero non por elo menos importantes e sobre as que é necesario actuar, como os insultos, as

descalificacións, a cosificación, a violencia económica, o acoso na rúa, o acoso laboral, os abusos

sexuais, as violacións, a prostitución, a trata, os ventres de alugueiro..., nos que as vítimas

sempre son elas e os agresores sempre son eles.

Nesta situación, dende as Concellerías de Igualdade e Muller do Concello de Lalín, queremos

informar a todas as mulleres que poidan estar sufrindo violencia de xénero que neste difícil

momento de crise e incertidume, como marca a lei, os recursos e accións de prevención e resposta

continúan en marcha, especialmente cando se trata de situacións de emerxencia.

1

Os investimentos públicos e os recursos profesionais son imprescindibles para previr e combater

esta terrible lacra.

As violencias machistas desaparecerán cando as mulleres participen plenamente e de forma

igualitaria na sociedade, cando deixen de estar á cabeza das cifras de pobreza, das listas de desemprego,

dos traballos precarios, dos problemas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral,

cando se deixe de usar a súa imaxe como obxecto de consumo e cando se deixe de

mercantilizar cos seus corpos, cando sexan nomeadas, recoñecidas e visibilizadas en todos os

eidos sociais.

Desde o Concello de Lalín queremos manifestar o noso rexeitamento cara aquelas actitudes

que impiden avanzar na consecución dunha igualdade real e facemos un chamamento á sociedade

para que se conciencie, se mobilice e se comprometa a conseguir unha sociedade libre

de violencias machistas. Podemos cambiar a realidade actual, debe ser un reto e unha

responsabilidade compartida cara a erradicación desta gran pandemia social.

PROTEXÁMONOS TAMÉN CONTRA A PANDEMIA DO MACHISMO

VACÍNATE EN IGUALDADE

#LALÍNSENVIOLENCIA

#CONTRAASVIOLENCIAS MACHISTASLalí