A comisión do San Roque non fará petitorio e asumirá os gastos dos fogos

j. p. A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

29 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras anunciar a suspensión das verbenas e da tradicional churrascada debido á pandemia, a comisión de festas de San Roque e do Carme de Soutelo de Montes aclara as características da celebración deste ano. Será un San Roque cativo, con pasarrúas a cargo do grupo local Os Charangaitos durante a mañá do día 16 de agosto. Tamén haberá fogos, cuxos gastos serán asumidos pola comisión.

Os seus membros explican que non farán petitorio popular pois «os negocios da zona pasaron meses duros polo confinamento e moitas familias sufriron un ERTE». De todas formas, aquelas persoas que desexen colaborar coa tirada dos fogos poderán facer o seu donativo ao persoal da comisión.