«A miña xeración viviu rodeada dos silencios da Guerra Civil no rural»

A profesora María Rei foi a gañadora do premio García Barros coa súa primeira novela, «Flores de ferro»


a estrada / la voz

O xurado do XXXII Premio de novela Manuel García Barros (Ken Keirades) acordou onte o resultado deste certame organizado polo Concello da Estrada e a editorial Galaxia. Tras unha deliberación por videoconferencia, os seus membros decidiron por maioría que a obra vencedora fose a presentada baixo o lema Escoitar a Briana. O seu verdadeiro título é Flores de Ferro e trátase da primeira novela de María Rei Vilas, de 56 anos de idade e residente en A Laracha, quen se converteu dese modo na gañadora desta edición.

-É a súa primeira obra.

-A primeira de narrativa. Eu son profesora de Bioloxía nun instituto de secundaria en A Laracha e teño publicado algún libro, pero todos relacionados coa docencia.

-Como se lle ocorreu participar no certame?

-Quería contar unha historia e iso fixen. A miña intención orixinal era esa, non escribir algo para participar nun premio. Coa novela xa empezada, entereime do certame a través da páxina da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e pensei que xa que a tiña sería unha boa idea presentala.

-Cal foi o proceso de escritura?

-Empecei a escribila fai tres anos e remateina en xaneiro. Eu teño o meu traballo, así que para min isto era unha actividade extra. Pero tamén estaba obsesionada por intentar facelo ben, non quería escribir algo de calquera maneira. Por iso dediquei moito tempo a aprender a narrar, así como a estudar e informarme dos temas que quería tratar.

-Ten algunha influencia?

-Estou moi agradecida a todos os autores que escribiron sobre os temas que trato. Pero se tivese que mencionar un nome ese sería o de Manuel Rivas. Sobre todo a sú obra O lapis do carpinteiro, que me inspirou tanto coa súa forma como coa súa temática.

-Como define esta obra?

-É o reflexo de moitas historias que me tocan de cerca. Algunhas reais e outras que poderían selo. A miña xeración medrou rodeada dos silencios que envolveron á Guerra Civil no rural. Esta obra é unha forma de pagar a débeda a todas esas persoas que viviron eses anos difíciles, de destapar silencios e derrubar muros. É unha homenaxe aos meus pais e avós e ao mesmo tempo unha forma de conectar ese mundo co das miñas fillas.

-A primeira novela e triunfa. Imaxino que estará encantada.

-Estou moi contenta, pero sobre todo gratamente sorprendida. Fai unhas horas que mo dixeron e aínda o estou asimilando.

-Agradécelle a alguén esta victoria?

-Aos meus familiares e aos meus amigos. Sobre todo quero darlle as grazas a todas as mulleres da miña familia, ás que lles tocou vivir tempos duros e cheos de represion. E aí estiveron, loitando toda a vida.

-O premio está valorado en 9.000 euros...

-Aínda non me deu tempo a pensar en ningún plan. Creo que o mellor será aforralos (risas).

-Agora que sabe que non se lle da mal, va seguir escribindo?

-Si, de feito xa ando preparando outras dúas obras, pero de momento non quero adiantar nada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«A miña xeración viviu rodeada dos silencios da Guerra Civil no rural»