Encontros espallados de Música Tradicional por Santa Ferreña

A celebración muda a cita física no Mosteiro de Carboiro por otros máis pequenos por Galicia adiante para velar pola seguridade


Lalín / la Voz

Santa Ferreña quere manter o seu espírito e honrar á santa mantendo unha tradición da que se cumpren este ano 21. Unha cita en Carboeiro «gozando de compartir en comunidade o patrimonio cultural herdado, sementeira doutros tempos que seguimos cultivando con agarimo para colleitar este froito que nos dá sustento», explican. Este ano mantense ese pracer de encontrarse aínda que desta volta non será fisicamente en Carboeiro «mais si nesa terra inmaterial, e con esas sementes de memoria que levamos dentro». A suxestión de celebración que a Asociación Santa Ferreña propón é que os que queiran participar se xunten coa súa xente, familia, veciñanza, amizades ou cuadrilla foliadeira e «sempre seguindo as medidas de seguridade vixentes» encher Galicia de «pequenos Encontros Espallados». Pídese os que queiran sumarse a estes Encontros Espallados de Música Tradicional que collan a estampiña da santa coa que se fixeron o ano pasado ou unha foto ou debuxo dela, ou algún obxecto que a simbolice, como unha ferreña ou un ecovaso da festa e usar eses obxectos para presidir cada encontro ou foliada na súa honra «como se estivésedes en Carboeiro de corpo presente, desde a sesión vermú ata que o corpo aghuante».

A cita será este sábado día 6, O taboleiro do evento facebook.com/events/640292886582676/ será, din, «o torreiro virtual onde poder atoparnos todos os encontros espallados e compartir as ofrendas á nosa santiña en forma de tocatas, cantigas, bailes, contos, xoguetas, vivas, etcétera».

A agrupación pide os que queiran participar que lle poñan no evento queiran asistir para estar ao tanto das propostas festeiras que Santa Ferreña ten preparadas. No taboleiro do vídeo poderanse compartir vídeos das actuacións, fotos e debuxos dos encontros e poderase interactuar con outros devotos comentando e botando outra cantiga ou baila ao desafío. Á hora de compartir as ofrendas nos perfís de cada un pídese que se acompañen do cancelo #encontrosespallados e se etiquete á @santaferrenha. As actuacións pódense gravar antes e subilas o propio día da festa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Encontros espallados de Música Tradicional por Santa Ferreña