As Letras Galegas


Este domingo celebramos tristemente desde os nosos espazos confinados ( quero pensar que tamén desde as terrazas de bares, cafeterías, chiringuitos, e outros lugares). O día das Letras Galegas. Galiza está na festa nacional da súa lingua desde o ano 1963.Este ano concordamos en celebración coa figura referencial de Don Ricardo Carvalho Calero. E así tamén dicir que este noso pobo, A Estrada, a ese día festivo, aportou sustantividade de nome propio.

Prologuista de «Maxina»

Fíxoo en mil novecentos setenta coa figura de Marcial Valladares (e en mil novecentos oitenta e cinco con Antón Lousada Diéguez) e así, por tal motivo, a editorial Galaxia publicou nese ano a segunda edición de Maxina ou a filla espúrea, xa que é ben sabido que a primeira edición foino en manuscrito no mil oitocentos setenta, en formato folletín en mil oitocentos oitenta e en libro no mil oitocentos noventa. Pois ben, desta segunda edición feita por Galaxia, o seu limiar é de Don Ricardo Carvalho Calero.

O homenaxeado, na Estrada

Poida que el mesmo, persoalmente, estivese no ano setenta, como logo o fixo nunhas xornadas da nosa Literatura Galega organizadas pola Asociación Cultural A Estrada, nos actos da Academia e Concello, ben en Berres, ben na nosa vila.

Dicir que no acto principal, sendo alcalde Mario Blanco, interpretouse o noso himno, pero non se puido publicar tal feito. A conferencia da Real Academia Galega (RAG) foi impartida por Fermín Bouza Brei.

Velaí como desde nós A Estrada aportamos materia para que o corpo das nosas letras teñan a consistencia desexada e pola que merece traballar na nosa lingua.

Aturuxo de lingua

Lingua que é o noso nome propio, soberana revelación. Canta beleza a súa. Danos tanta gloria que nos fai tremer na emoción e sentimento de identidade. Os nosos corazóns énchense de militancia en Galiza. No Pobo do Galego. E por iso hoxe a dezasete deste maio, desde todas e todos nós -e fondamente- xorde un aturuxo irmandiño inmedible. Todo el de pobo. Todo el de Lingua.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As Letras Galegas