Un maior achegamento ao teatro no seu Día Mundial

amelia ferreiroa

DEZA

10 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Cada 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro, e este ano por mor de dita efeméride, levarase a cabo un ensaio extraordinario nas dependencias da biblioteca lalinense; en horario de 18 a 19 horas, nunha actividade dirixida dende a Escola Municipal de Teatro.

Unha novidosa actividade que non se organiza nunca e que servirá, según explicou o responsable da escola Xosé Manuel Ogando, para «achegar máis o teatro ao público en xeral; tanto en nenos como en adultos, a través de exercicios de mímica, clown, actividade teatral e dar a coñecer os beneficios que aporta o teatro e o traballo en equipo». Unha hora intensa de masterclass que servirá tamén para dar a coñecer a metodoloxía de aprendizaxe que se segue na escola «así como explicar algunhas curiosidades e que a xente saia con algo novo aprendido». Con motivo desa xornada alumnos da escola están estudando textos e algunhas cancións, ao ser este ano a temática escollida os musicais, para intentar presentar algún traballo curto malia que os estreos veranse a finais de maio ou xuño.