Xuntanza Internacional de Artes e cursos na Solaina

a. f.

DEZA

José Ramón Moire

14 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A xuntanza extraordinaria celebrada o pasado sábado na Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño, na que se ratificaron os cargos da presidenta Carmen Lareo e do secretario Andrés Lareu ao frente da entidade, serviu tamén para ollar a liña programática deste exercicio do 2020. Un ano no que se manterán aquelas citas xa deseñadas dende anos atrás; caso da Xuntanza Internacional das Artes Plásticas cuxa celebración será no próximo mes de xullo, como a Xuntanza de Forxadores que se manten anualmente no calendario da fundación cruceña. Por outra banda os patronos da entidade apostan por levar a cabo cursos e actividades dentro da rede de dinamización. «A intención é solicitar do concello a posta en marcha de cursos de informática e de reciclaxe que nos parecen de moito interese tamén para a xente do rural», puntualizou Carmen Lareo.

A presidenta da fundación, cuxo nomeamento foi ratificado por unanimidade dos patronos, aposta por seguir dándolle vida ao rural dende A Solaina e incentivando todo tipo de actividades e «intentando que veña moita xente a visitala».