
26 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.
A concelleira de Cultura e Turismo de Lalín, Begoña Blanco, anima á realizar aportacións á plataforma Galicia nomeada, que veñen de poñer en marcha a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia para a recollida de microtoponimia: «Calquera lalinense pode facer achegas, metendo topónimos de lugares, de fincas, de calquera elemento do noso territorio ... incluso poden enviar audios de voz explicando o porqué dun determinado lugar ou vídeos de xente maior nos que se recollan historias ou lendas en relación aos lugares do noso territorio», explica a concelleira.