Muller

David Otero ESCRITOR

DEZA

23 nov 2019 . Actualizado a las 22:22 h.

A novembro de muller, en especial o día vintecinco, expresando claramente a nosa postura de loita contra a violencia de xénero, imos, comunalmente, contra quen non queren dotar de sentido a existencia das mulleres., pois non haberá común sen comunidade.Iso permitirá soster a vida.Basta que no tocante ás mulleres, a inxustiza se pasee con paso seguro e presida na voz dos machiños dominadores, dos que moitas e moitos teñen cara a chamarlle “ feminazi” a unha muller fiminista. A elas non poden reducirse a seren algo como consumibles.As mulleres non se entenderán como nunha das explotacións máis antigas e aberrantes, pois a loita obreira estará chea de mulleres fiministas e a loita fiminista estará chea de mulleres obreiras.O fiminismo conleva de dotar de sentido a existencia.

Ollo estes días coas apropiacións indebidas das mensaxes fiministas.Non son poucos quen fan distingos entre as capacidades da muller e do home, xa que algo moi importante como as políticas de igualdade e contra a violencia de xénero non deron cambios sustanciais, pouco atallaron as situacións e velos aí como desde outros sectores ( extrema dereita) tomaron nota do pouco andado e dan voz ( e Vox) con proxectos regresivos de involución.Hai que resistir, reflexionar, pois os movementos das mulleres son motor de cambio democrático, igualitario e liberador ( emancipador). As mulleres son sectores populares moi dinámicos e xa que logo loitemos por sentilas a cada hora nas súas capacidades de loita, conciencia e mobilización.Basta de decidir e controlar coas vidas, proxectos e soños, das mulleres. Non trabuquemos amor con traballo mom pagado.Pensemos desde as loitas. As mulleres axudan a soster o mundo. Se poden facelo, poden transformalo.Xa basta que as mulleres ás doce, perdan o zapato.