Antonio Piñeiro gaña con «Esca» o premio Neira Vilas de novela

Javier Benito
j. benito LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

O 3 de novembro recibirá o galardón na súa fundación en Gres

25 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O editor e escritor nado en Ribeira, Antonio Piñeiro Fernández, gañou a cuarta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. O xurado fallou onte por unanimidade a concesión do galardón a súa obra Esca, entre as trece presentadas, que será entregado o domingo 3 de novembro nun acto na fundación do escritor cruceño en Gres, coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas. Este premio está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra. Este certame vai dirixido ao público infantil e xuvenil e tivo como anteriores gañadores a Daniel Vázquez Álvarez, An Alfaya e Pedro Rielo.

O xurado, integrado por Juan Andrés Fernández, Rosalía Morlán, Pilar Sampedro, Fernando Redondo e Armando Requeixo, destacou de Esca a súa calidade. Un relato que «evoluciona en espiral creando unha atmósfera e un clima de tensión narrativa». Destacaron tamén a súa ambición estética, prosa lírica y riqueza léxica, xunto a la creación de «personaxes poderosos e ben caracterizados e, en definitiva, por compoñer un relato aberto a diversas interpretacións cun final impactante e iluminador». Antonio Piñeiro xa obtivo prestixiosos galardóns como o Torrente Ballester e o García Barros.

Homenaxe a Anisia Miranda

Por outra banda, este domingo, día 27, haberá unha homenaxe en Gres a Anisia Miranda con motivo do décimo aniversario do seu pasamento. Ás 17.00 será a ofrenda floral no cemiterio e lectura do texto. Despois haberá un coloquio co autor Xián Lois Alcayde.