Os musicais centrarán a 22 tempada da Esmutelín

amelia ferreiroa

DEZA

18 sep 2019 . Actualizado a las 22:09 h.

A Escola Municipal de Teatro de Lalín (Esmutelín) prepara a nova tempada, a vixésimo segunda, que comezará no vindeiro mes de outubro centrándose nesta edición nos musiciais.

Nova andaina da escola lalinense que rondará o mesmo volume de alumnos que no pasado ano, uns 80, segundo os datos que baralla o responsable da formación Xosé Manuel Ogando. Ao igual que na pasada tempada haberá grupos de teatro nos colexios Xesús Golmar, Prado e Vilatuxe; «con posibilidade de contar con algún grupo novo na parroquia de Vilatuxe que ven participando nesta actividade dende hai varios anos, e na de Soutolongo semella que se podería estrear algún grupiño esta tempada», segundo Ogando.

Por outra banda no casco urbano os ensaios dos grupos manteranse no espazo xove «e continuaremos gardando un horario para se somos quenes de pechar tamén a posta en funcionamento dun grupo de adultos. Algunhas persoas están interesadas pero precisamos de máis interesados para botalo a andar». A escola mantén o prazo de anotación aberto para os interesados.