Primeira viaxe de Xirandola a Italia

amelia ferreiroa

DEZA

rober amado

Concello e membros da asociación de irmandamento participarán nun intercambio que comezará o día 2

23 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O irmandamento de Silleda coa vila italiana de Poggio Mirtetto afiánzase un pouco máis coa celebración da vindeira acollida dunha delegación silledense que se materializará do 2 ao 9 de agosto, datas en que está previsto que viaxen ata a localidade italiana representantes do Concello de Silleda, membros da asociación de irmandamento e quince integrantes do grupo Xirandola para asistir a un amplo programa de actos que se levarán a cabo na vila italiana con motivo das súas festas.

Para o grupo Xirandola será o seu primeiro desprazamento a Italia, non así a Cidade Real onde estivo a pasada fin de semana actuando en Socuéllamos con motivo do trixésimo aniversario da formación que apostou por reunir ás agrupacións que deixaron máis pouso no grupo ao longo dos últimos trinta anos de vida; caso de Xirandola, dun grupo chegado dende Málaga que tamén actuou anos atrás na Bandeira e unha agrupación africana.

A agrupación silledense está ultimando o repertorio que levará a Poggio Mirtetto e no que non faltará a Muiñeira da Bandeira. Xirandola viaxará a Italia cun só vestiario, un de gala de bastante peso, que lucirá na única actuación que está previsto realice na vila, no día grande dos festexos. Os membros da agrupación silledense, que se aloxarán en domicilios particulares do comité de irmandamento italiano, teñen previsto asistir a conferencias e visitas pola zona nun programa que semella será atractivo e denso.

Tequexetéldere con Carlos Núñez. La agrupación folklórica estradense puso el colofón a su estancia en tierras francesas, donde participó la pasada semana en el festival de Issoire. Y lo hizo con una actuación tocando y bailando junto a Carlos Núñez.