Cortegada elaborará a súa paella anual para 2.400 persoas

amelia ferreiroa

DEZA

rober amado

10 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Cortegada ten data para a súa XIX edición da Festa da Paella: o próximo 26 de xullo coincidindo co primeiro día das festas da parroquia silledense, que se extenderán ata o domingo 28.

A comisión ten previsto poñer a disposición dos interesados as tarxetas para a cea esta fin de semana. Custarán 12 euros e poderán adquirirse no Bodegón de Esther, Trujillo, Toneles e Agro Servicios Alberto de Silleda, Panadería Mella de Cortegada e na carnicería Varela e Restaurante K0 de Lalín ata o vindeiro día 24, sempre que non se cubra con anterioridade o espazo dispoñible que é un máximo de 2.400 comensais. O menú, como todos os anos, consistirá en paella, queixo con marmelo, café, viño, cazola e sitio reservado baixo carpa para disfrutar da paella que elaborará coma sempre o cociñeiro de Castellón Santi Becerra, e membros da comisión que seguen apostando por cubertos compostables. A verbena estará amenizada polo trío Digital e a orquestra Galilea. O sábado o Coro de Cortegada cantará a misa da unha e á noite actuarán New York e La Estación. O último día de festas en Cortegada, na honra a Santa María, haberá sesión vermú a cargo do Son da Fervenza.