A Forxa Literaria homenaxea a Xosé Vázquez Pintor

amelia ferreiroa

DEZA

Cedida

22 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño celebrará o vindeiro 6 de xullo a décimo cuarta edición da Forxa Literaria, na que se lle tributará unha homenaxe ao escritor Xosé Vázquez Pintor. A xornada comezará ás 18 horas cunha mesa redonda, despois da benvida da presidenta Carmen Lareo, na que falarán Manolo Forcadela, Daniel González Alén e o propio Vázquez Pintor sobre a obra e vida do narrador, dramaturgo e ensaista da «Terra do Medio». A música correrá a cargo de Baldomero Iglesias «Mero» e Xosé Iglesias «Buxán». Descubrirase o relevo do artista, obra realizada por José Luis Ferreiro, O Vila, e posteriormente os gaiteiros Plácido Rozas e Tamara Soto interpretarán a Muiñeira de A Solaina, da autoría de Rozas, e o Himno de Galicia.

Un novo encontro da Forxa Literaria na que Xosé Carlos Carracedo presentará tamén o seu libro, titulado Somos de Arxerís, e haberá un recital poético no que intervirán María Lado, Carlos Negro e Lucía Aldao. Non faltarán as contadas de Celso Fernández Sanmartín e a entrega de medalla de Amigos da Solaina que nesta edición irán a parar á Coral Polifónica de Agolada e a Mara Lado Lariño.